Mar 16 2011

Ola mundo!

Published by under Introducción

Gustoume o título da primeira entrada de exemplo, e vou a deixalo. Este é o primeiro saúdo do meu novo blogue ao mundo! Aínda que tratarei de escribir algunhas páxinas nas que contarei de onde saín e que é o que busco coa creación de este novo espazo na rede, trazarei algunhas liñas nesta entrada.

– ¿Qué é este blogue e por que aparece?

Este blogue non vai ser máis que unha fonte de coñecemento variado relacionado principalmente co mar, ainda que non descarto outras posibilidades. Estará irmandado con este outro: Mar abaixo no que se tratarán temas semellantes, sempre relacionados co mar, pero principalmente do que máis sabe o autor, que serán invertebrados mariños e animais de profundidade. No meu caso, o que máis coñezo e me interesa son os vertebrados, concretamente os cetáceos e será o tema principal, aínda que non o único no que enfocarei as entradas neste blogue.

En canto ao por que deste espazo en internet, ven da idea que tivo o compañeiro de Mar abaixo de tratar de facer unha fonte de coñecementos variados e curiosos, sobretodo das nosas augas e na nosa lingüa. Tratar de coñecer mellor a eses pequenos seres cos que compartimos o medio e o alimento para así aprender a convivir todos xuntos dunha forma sustentable e non moi perxudicial.

Por todo eso e moito mais nacen Mar arriba e Mar abaixo. Espero que todo o mundo que disfruta observando a natureza, disfrute tamén na lectura dos nosos blogues e a sua vez que participe, por suposto, toda persoa que queira. Pero como xa digen,  comezamos nestes intres, polo que teredes que ser pacientes para que os nosos blogues collan forma.

Grazas!

Comentarios desactivados en Ola mundo!